Jacobo
Porteiro

Re-
Imaxina
a UVigo

Jacobo
Porteiro

Re-
Imaxina
a UVigo

Despois dunha vida dedicada á UVigo, é o momento de liderar o futuro para toda a comunidade.

Comillas SonSenso degradado

Coñece
a Jacobo

Jacobo Porteiro Fresco é catedrático na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Desenvolve a súa actividade investigadora no eido da enxeñaría térmica con aplicacións vinculadas ás enerxías renovables e tamén é o investigador principal do Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas (GTE) no CINTECX. Ao longo da súa traxectoria asumiu responsabilidades de xestión universitaria, como a dirección do Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas, Motores Térmicos e Fluídos e participou en numerosas ocasións en órganos de goberno da Universidade de Vigo. Agora, dá un paso adiante para liderar o proxecto ConSenso na carreira á Reitoría de Universidade de Vigo do 2026.

Fundamentos da
candidatura

lineas

Modernización
sensata

Por unha UVigo con servizos dixitais simples, infraestruturas sostibles e docencia innovadora; preservando a proximidade dos campus, a lingua e o orgullo da comunidade.

Responsabilidade e
desburocratización

Cortar o papeleo que atranca o noso día a día. Automatizar todo o posible, simplificar procedementos, definir regras máis claras e coordinación efectiva para que PDI e PTXAS recuperen tempo para o que importa.

lineas

Humanidade
e excelencia

O rendemento nace do coidado. Pretendemos facer do benestar, a saúde mental e o recoñecemento do esforzo unha política real, con espazos de encontro e formación continua para fortalecer á comunidade.

Compromiso
transparente

As promesas deben converterse en feitos con prazos, indicadores e revisións públicas e periódicas que estean a disposición de todos. Crearemos un panel accesible que mostre avances, desvíos e correccións; para que toda a comunidade poida seguir o que se fai.

lineas

Medrar
coa universidade

Menos incerteza, máis futuro. Deseño de itinerarios previsibles, previsión de prazas e promoción máis áxil, con información accesible para planificar traxectorias e reducir precariedade, tanto do PDI como do PTXAS.

 

Escoita activa
e trazabilidade

Mecanismos de escoita activa, apoiados en analítica de datos, alinearán cada paso do noso plan coas necesidades reais da universidade, permitindo tomar decisións con transparencia e honestidade ante os retos de financiamento e relevo xeracional que afrontamos.

Fundamentos
da candidatura

Modernización útil e
ao servizo das persoas

Avanzar con sentido implica simplificar procesos, reducir trámites e mellorar a coordinación interna para liberar tempo e facer máis doado o día a día da comunidade universitaria.

 

Tres campus,
unha soa universidade

Integrar a diversidade como unha fortaleza require equilibrio territorial, compromisos claros e igualdade de oportunidades para os tres campus dentro dun proxecto común coherente e compartido.

Igualdade, diversidade,
respecto e coidado

Promover equidade, conciliación e participación real implica tamén garantir contornas seguras, actuando con firmeza fronte ao acoso e a calquera forma de discriminación na vida universitaria.

Transparencia, participación
e corresponsabilidade

Falar claro, explicar decisións e render contas debe acompañarse de mecanismos reais de participación que permitan á comunidade universitaria influír e facer seguimento dos compromisos adquiridos.

 

 

Conexión co territorio,
coa lingua e apertura ao mundo

Compromiso co desenvolvemento de Galicia e coa lingua propia, combinando identidade e cohesión cunha proxección internacional aberta, capaz de atraer talento e dialogar nun contexto global.

Medrar coa
universidade

Impulsar carreiras máis claras e recoñecidas, mellorar condicións e oportunidades, e ofrecer unha experiencia formativa máis acompañada, favorecendo o desenvolvemento e a implicación no proxecto universitario.

 
 

Equipo

Coñece as porpostas de ConSenso, un equipo construído dende a diversidade, a experiencia e a ilusión por transformar a Universidade de Vigo, a nosa universidade.

Jacobo Porteiro

Reitoría

Patricia Valcárcel

Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Planificación

Ángeles Peña

Vicerreitoría de Oferta Académica e Captación

Diana Valverde

Vicerreitoría de Investigación e Divulgación Científica

Joaquín Collazo

Vicerreitoría de Profesorado e Innovación Docente

Felipe Gil

Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento e Emprendemento

Javier Abuín

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais

David Tizón

Vicerreitoría de Estudantado, Cultura, Lingua e Vida Universitaria

Elena Rapoport

Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación

Elena Rivo

Vicerreitoría do Campus de Ourense

Jose María Cancela

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

María José Pousa

Secretaría Xeral

Manuel Fernández

Xerencia

Vídeos

Descubre pequenas pezas audivisuais que transmiten o que se pretende desde ConSenso: propostas claras, encontros reais e unha UVigo máis moderna. Bota unha ollada, escoita e decide.

 

Aparicións en prensa

Axenda

Consulta os encontros, visitas e debates previstos ao longo da campaña. Unha axenda aberta para escoitar, compartir propostas e construír, xunto á comunidade universitaria, o futuro da Universidade de Vigo.

LUNS 13 DE ABRIL - DEBATE TRANSFERENCIA

17:00 — Debate Gradiant (Sede Celta de Vigo – Vigo)

12:00 – PRESENTACIÓN VICERREITORÍA OURENSE (Vestíbulo da Aula Magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo)

10:00 – PRESENTACIÓN VICERREITORÍA PONTEVEDRA (Vestíbulo da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte)

11:00 – Debate PTXAS (Paraninfo Edificio Ernestina Otero do Campus de Vigo)

16:00 – EmpregoinCampus (Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais + Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo)

11:00 – Presentación do equipo e programa de ConSenso (Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo)

10:00 – Facultade de Comunicación + Facultade de Dirección e Xestión Pública (Salón de Graos)

12:00 – Facultade de Belas Artes (Aula 30)

16:00 – Facultade de Deseño (Aula Teoría. Planta 7)

11:00 – Debate do Campus de Pontevedra na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Salón de Graos)

18:00 – Reunión co PUM de Pontevedra na Facultade de Comunicación (Seminario 21)

10:00 – Escola Superior de Enxeñaría Informática + Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (Salón de Graos)

12:30 – Facultade de Ciencias (Salón de Graos)

16:00 – EmpregoInCampus (Pavillón universitario de deportes de Ourense)

18:00 – Reunión co PUM de Ourense (Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro)

09:30 – Facultade de Bioloxía + Facultade de Ciencias do Mar + Facultade de Química (Salón de Graos)

11:00 – Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Salón de Actos)

13:00 – Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Aula A-209)

18:00 – Xuntanza online coa Rede Galega pola Investigación: InvestiGal 

12:00 – Debate do Campus de Ourense (Aula Magna Concepción Arenal da Facultade de Dereito)

16:00 – Debate de Vicerreitorías de Estudantado (Aula Magna Concepción Arenal da Facultade de Dereito)

17:00 – Xuntanza online co colectivo de Profesores Axudantes Doutores da Universidade de Vigo

10:00 – Facultade de Comercio + Sede Cidade da Escola de Enxeñaría Industrial (Salón de Actos)

12:00 – Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (Salón de Graos)

19:00 – Debate de Vicerreitorías do Campus de Pontevedra organizado polo Ateneo de Pontevedra (Casa das Campás – Pontevedra)

10:00 – Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Salón de Graos)

12:00 – Escola de Enxeñaría Forestal (Sala de Xuntas)

16:00 – Facultade de Fisioterapia (Aula 2 Teresa Portela Rivas)

19:00 – Reunión co PUM de Vigo na Sede Cidade da Escola de Enxeñería Industrial (Salón de Actos)

10:00 – Facultade de Historia + Facultade de Educación e Traballo Social (Salón de Graos)

12:00 – Facultade de Dereito + Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo + Facultade de Relacións Internacionais (Salón de Graos)

12:00 – Debate do Campus de Vigo (Sala 1 do Edificio Miralles)

10:00 – Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

12:00 – Escola de Enxeñaría Industrial

Excerce o teu dereito ao voto achegándote ao teu centro e axúdanos a Re-Imaxinar a UVigo.

Contacta

Queremos contar contigo: coa túa mirada, coa túa experiencia e coas túas ideas para Re-Imaxinar a UVigo. A túa voz é imprescindible para construír unha universidade máis moderna, máis aberta e máis preparada para o futuro.

Podes facernos chegar as túas suxerencias, preguntas, consultas ou propostas a través do seguinte formulario, e tamén nos podes atopar e escribir nas nosas redes sociais.